Ciclo Superior de FP (L.O.E.)

Requisitos

Terán preferencia para acceder a este ciclo formativo os alumnos que cursaran a modalidade de Bacharelato de Ciencias e Tecnoloxía, Bac. L.O.G.S.E., o Bacharelato Experimental, COU, ser Técnico/a Especialista, Técnico/a Superior ou equivalente. Quen non reúna estes requisitos e teñan 20 anos deberán acceder mediante unha proba específica de acceso a Ciclos que convoca a Consellaría de Educación.

Os ciclos desta familia profesional teñen unha duración de dous cursos académicos, cun total de 2000 horas lectivas, das que arredor de 400 do segundo curso, desenvolveranse en empresas como formación no centro de traballo (FCT), requisito indispensable para a obtención do título oficial unha vez superado o ciclo.