
CPR.O RAIO VERDE, Escola de Produción de Audiovisuais, Radio e Espectáculos, é un Centro que comezou a súa andaina no ano 1988, e no ano 2000 ampliou as súas instalacións para así poder facer fronte a unha demanda de alumnado que desexaba realizar estudios en audiovisuais. O Centro está homologado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (D.O.G 208/26/00/01-Nº de Centro 15032236) para imparti-lo Ciclo Superior en Produción de Audiovisuais, Radio e Espectáculos.
A escola esta tamén homologado pola Consellería de Traballo para imparti-los cursos de Técnico/a de Audiovisuais, Técnico/a de Son. Para estes cursos non se precisa ningún tipo de titulación; calquera persoa pode inscribirse no momento en que a Consellería os convoque.
Terceiro Premio
Titulo "Marionetas de comsumo"
Autor: Joseba Sorli Alcantud
Nivel: 2º Curso Produción Audiovisual
Centro: CPR. O RAIO VERDE-Escola de Imaxe e Son de Santiago
Dotación económica: 700EUR
Accesit
Titulo "Comercio libre"
Autor: José Santos Martínez
Nivel: 2º Curso Produción Audiovisual
Centro: CPR. O RAIO VERDE-Escola de Imaxe e Son de Santiago
Dotación económica: 700EUR
A entrega de premios realizouse nos locais da Escola Galega de Consumo