Se pode ler este texto significa que o seu navegador non soporta follas de estilo CSS, non obstante está a visualizar o total de contidos do sitio.

Recomendámoslle que se actualice cun navegador moderno e compatible cos estándares de Internet como Mozilla

O Raio Verde

Escola de Produción de Audiovisuais, Radio e Espectáculos.

Único centro autorizado en Santiago de Compostela para impartir ensinanzas da familia profesional de COMUNICACIÓN, IMAXE E SON. DOG 208/26/10/01 Nº 150032236

Maldito Bastardo!´ de Javi Camino, no festival italiano de Faermament

2008-06-30 11:34:34
A recente producción galega ¡Maldito Bastardo!, dirixida polo ex-alumno de O Raio Verde, Javi Camino, estréase internacionalmente nos próximos días dentro da sección oficial do festival italiano Fearmament (Turín, Italia).O festival celébrase entre o 27 de xuño e o 3 de xullo, e ademáis de películas haberá outras actividades como concertos musicais ou torneos de videoxogos. Todo iso relacionado coa temática de terror. ¡Maldito Bastardo! é a única película do estado español seleccionada polo certamen.

PREMIOS MICROCORUÑAS

2008-05-28 13:58:20
O concello da cidade de A Coruña no seu interese por celebrar o 800 aniversario da cidade, convoca os premios microcoruña para microrelatos, micropoemas e microcurtas. Información en www.coruna.es/microcorunas

Estrea da curtametraxe Exceso Antropomórfico de Lois Froiz

2008-05-27 10:42:20
O ex-alumno de O Raio Verde Lois Froiz estrea o 29 de maio a súa primeira curta,Exceso Antropomórfico. A cita será no PUB TNT de Santiago de Compostela ás 21.00h

Javi Camino e Álvaro Novo, antigos alumnos de O Raio Verde, estrearon Maltido Bastardo

2008-05-22 18:19:13
O día 20 de maio no Teatro Principal de Santiago de Compostela, estreouse a última manifestación de gore galaico: Maldito bastardo! de Javi Camino e Álvaro Novo, ex alumnos de O Raio Verde. Esta longametraxe, que conta no seu reparto con actores como Tamar Novas, Juanillo Esteban, Pilar Miguélez ou Carmela Gómez, e un orzamento limitado, apenas 120.000 euros, é a mostra de que alguén que cree na súa idea pode facer un filme de 80 minutos e sen practicamente axudas de axentes industriais. Parabéns a todo o equipo!

Lois E. Froiz, Premio Extraordinario de Formación Profesional de Grao Superior en Galicia

2008-05-22 18:17:41
Lois E. Froiz, un alumno de Produción de o Raio Verde que rematou os seus estudos no pasado ano académico, é o Premio Extraordinario de Formación Profesional de Grao Superior correspondente ao curso 2006/2007.

Aberta a convocatoria para o XIII Festival de Cine Internacional de Ourense

2008-05-05 16:34:33
O 13 Festival de Cine Internacional de Ourense, que se celebrará do 11 ao 18 de outubro de 2008, publicou a súa convocatoria aberta a películas producidas en 2007 e 2008 en formatos de 35mm ou vídeo.

CURSO TÉCNICO EN AUDIOVISUAIS EN O RAIO VERDE

2008-05-05 13:51:13
Nova proba de selección o mércores 7 de maio ás 10:00 horas, nas instalacións da escola.

6ºFESTIVAL DE CINE DE PONFERRADA

2008-05-05 13:47:15
Nos encontramos preparando la sexta edición del FESTIVAL DE CINE DE PONFERRADA, que se celebrará entre los días 26 de Septiembre y el 4 de Octubre de 2008.

Ábrese o prazo de inscripción de curtas de animación en Mundos dixitais

2008-04-24 16:00:45
Xa está aberto o prazo de inscripción deste festival que se celebrará do 1 ao 5 de xullo do 2008. O día 16 de maio remata o prazo para a inscripción de aspirantes aos premios de animación. Máis información en: http://www.mundosdigitales.org/espanol/index.htm

CAMINOS CRUZADOS FINALISTA DO CONCURSO DE MAQUETAS DE LOS 40 PRINCIPALES NORDES

2008-04-17 18:46:29
O grupo CAMINOS CRUZADOS, no que é vocalista Javier Quiroga (ex-alumno de O Raio Verde), é un dos finalistas no concurso de maquetas de Los 40 Principales Nordes. Os seis grupos selecicionados enfrontáranse en directo nunha Gala final que terá lugar na Sala Playa Club o vindeiro 25 de abril. Unha gran oportunidade de promoción para os grupos musicais xa que en moitos casos sérvelle de trampolín no tal difícil mundo discográfico. De feito, os Stereotipos, que quedaron segundos o ano pasado neste certamen, foron os teloneros de Pereza no concerto que ofreceron a semana pasada na cidade herculina.

Próximamente iniciarase o curso de TECNICO EN AUDIOVISUAIS do plan FIP

2008-04-07 11:57:24
A primeira convocatoria de selección para alumnos que proveñen directamente do INEM será o día 28 de abril, e, previsiblemente, sairá a convocatoria pública o fin de semana do 4 de maio. A proba de selección da convocatoria pública será a semana do 5 de maio.

O Concello da Coruña convoca un concurso de curtas con teléfonos móviles

2008-04-07 11:55:07
No marco do programa de prevención de drogodependencias, o Concello da Coruña convoca o I concurso de vídeo-móvil co obxectivo de concienciar á xuventude sobre as consecuencias do consumo de drogas. O prazo de presentación de traballos remata o 16 de abril. Os videos non poderán exceder dos 20 segundos. Consulta as bases en: http://lasdrogastbtrallan.blogspot.com/

VII CONCURSO NACIONAL DE CARTELES DE CORTOMETRAJES DEL CINE ESPAÑOL

2008-03-31 09:38:23
"Premios COMUNICARTE 08" Organizado por el Centro para la Formación Audiovisual y Gráfica Puerta Bonita, (Comunidad de Madrid) en colaboración con ADOBE SYSTEM, PERFIL CUATRO, INTERFILMS y ATP Gestión y Producción Audiovisual dentro de las XI Jornadas Nacionales de Arte, Comunicación y Nuevas Tecnologías, COMUNICARTE 2008 (Del 11 al 20 de junio de 2008).

Lois E. Froiz proposto para os Premios Extraordinarios de Formación Profesional de Grao Superior

2008-04-01 10:53:18
Lois E. Froiz, un alumno de Produción de o Raio Verde que rematou os seus estudos no pasado curso, foi proposto aos Premios Extraordinarios de Formación Profesional de Grao Superior correspondentes ao curso 2006/2007. A súa dotación económica é de 6000 euros e é un requisito indispensable que o seu expediente académico supere o 8,5.

Alumnos da escola O Raio Verde nos Premios de Teatro María Casares

2008-03-31 09:27:56
Catro alumnos do Ciclo Superior de Produción do Raio Verde participaron na organización da Gala dos María Casares no marco dunha das iniciativas da Escola de colaboración coa Asociación de Actores e Actrices de Galicia, entidade creadora destes premios de Teatro. Esta actividade resposta a un dos obxectivos educativos da Escola que é vencellar a formación académica coa práctica laboral.

Convocado o concurso-oposición libre da Radio Televisión de Andalucía

2008-02-29 12:55:46
Está aberto o prazo de admisión de solicitudes para participar no concurso-oposición libre convocado pola Axencia Pública Empresarial da Radio e Televisión de Andalucía (RTVA) para cubrir 112 prazas en distintas categorías e centros de traballo

Este domingo día 2 de marzo no espazo nocturno "Onda curta" da Galega, emítese a curtametraxe "Norutol (vía oral)" de José M Vázquez e Martín Cañedo (ex alumno de O Raio Verde).

2008-02-29 12:19:28
O traballo, subvencionado pola consellería de cultura e feito coa colaboración de Ficción Producciones, foi rodado a finais do 2007 en Barbadás (Ourense) e Santiago de Compostela.A curta preséntase como unha crónica realista dos poblemas dunha familia de clase media, xerados polo día a día vida moderna, pero escorada cara ó absurdo. Nela descubrimos as leves gretas que se abren nos muros da realidade, a través das cales podemos precipitarnos a outro mundo paralelo e delirante. "Norutol (vía oral)" é unha ollada de esguello por unha desas gretas.Podedes disfrutar da emisión toda a semana na web http://www.crtvg.es/TVGacarta/?prog=122

A Xunta presenta dúas ferramentas para a difusión audiovisual na rede

2008-02-26 16:54:59
Cinegalego.es e Audiovisualdegalicia.es son as direccións dos novos sites cos que se pretende abrir camiño cara a dixitalización da produción audiovisual galega

A Associação Ao Norte vai realizar, de 05 a 11 de Maio, os VIII Encontros de Viana – Cinema e Vídeo.

2008-02-26 16:21:50
Os OLHARES FRONTAIS são um espaço de reflexão sobre o cinema que reúne realizadores, produtores, estudantes de escolas de cinema e de audiovisuais e cineclubistas de Portugal e da Galiza. Têm lugar no Teatro Municipal Sá de Miranda a 9, 10 e 11 de Maio.

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN para a VI edición do Festival Internacional de Cine Euro-Árabe

2008-02-26 16:10:43
O PRAZO LÍMITE de presentación de solicitudes será o 30 DE XUÑO DE 2008

Aberta a convocatoria da terceira edición de Curtas na Rede na que poderán presentarse curtas musicais e promos da lingua galega

2008-02-26 12:30:34
Estas poderán participar na categoría de cápsulas e non poderán ter unha duración superior aos 3 minutos

ÁBRESE O PRAZO DE INSCRICIÓN NA BOLSA DE EMPREGO DO CONSORCIO AUDIOVISUAL DE GALICIA

2008-02-12 09:33:37
Por primeira vez en Galicia ofertarase un servizo de intermediación laboral no eido audiovisual que terá carácter gratuíto

O CGAI organiza un curso sobre crítica cinematográfica

2008-02-11 09:38:07
O obradoiro introducirá aos asistentes nos conceptos fundamentais da crítica de cine e as súas variantes, problemas, cambios e posibilidades

Aberto o prazo para participar no IV Festival Nacional de Curtametraxes 'Redondela en Curto 2008'

2008-02-11 09:37:12
Os traballos presentados deberán ter sido producidos con posterioridade ó 1 de xaneiro de 2006 e ter unha duración de entre 4 e 30 minutos, enmarcándose no xénero da ficción exclusivamente

A distribuidora Trama busca curtas realizadas por mulleres

2007-10-18 09:29:17
As autoras recibirán 60 euros por cada proxección da súa obra

CURSO DE REALIZACIÓN E LOCUCIÓN RADIOFÓNICA

2007-09-25 16:55:00
Próximamente na escola O RAIO VERDE desenvolverase o curso de Realización e locución radiofónica para traballadores ocupados, dentro da programación FSE da Consellería de Traballo. O curso desenvolverase na modalidade mixta que engloba clases presenciais e teleformación. Máis información no tfn 981 57 77 97 ou no enderezo Rúa Angustia, 31 - Santiago

I CERTAMEN DE CORTOMETRAJES PRIMEROS TRABAJOS

2007-08-14 13:51:07
El pasado día 10 de agosto tuvo lugar la presentación de la II Muestra Ópera Prima y el I Certamen de Cortometrajes Primeros Trabajos en el Salón de Plenos del Ayuntamiento de Bullas. La presentación fue realizada por Ana Cendrero, actual Concejal de Cultura de dicho ayuntamiento, José María Gómez y Pedro Antonio Díaz, miembros del Cine Club Ocho y Medio. Durante este año se llevará a cabo la II edición de la Muestra Ópera Prima que tuvo gran aceptación durante el 2006 entre el público regional. La muestra acoge películas de largo formato y con la característica todas ellas de ser la primera obra de sus autores/as. Las proyecciones tendrán lugar en el Auditorio Casa de Cultura de Bullas del 6 al 10 de noviembre con entrada gratuita para todos los asistentes. Paralelamente a la muestra se desarrollará el Primer Certamen de Cortometrajes Primeros Trabajos . A través de este certamen, que cuenta con su primera edición en este año, se pretende premiar la labor de los directores noveles, fomentar la creación cinematográfica y contribuir a la difusión de los trabajos realizados. El certamen cuenta con 1.500 euros en premios. El plazo para presentar los trabajos finaliza el 26 de octubre.

VENDE TU PELÍCULA.Una experiencia de auto-distribución.Por Héctor Hernández. Director / Productor NT 5.

2007-08-10 10:21:45
Este artículo tiene como finalidad compartir la experiencia que hemos tenido al distribuír en México el largometraje documental EL REY DE LOS COLEADEROS, del cual soy codirector y coproductor. Tras enfrentar el rechazo a distribuir esta película de parte de los principales distribuidores de video en México, decidimos ponernos a venderla personalmente con la estrategia de buscar la venta directa en el que parecía ser el mercado principal para la película: la región de Jerez, Zacatecas y los eventos charros en el país.

AGAPI comparecerá no Congreso dos Deputados durante a tramitación da Lei do Cinema

2007-08-10 10:12:25
AGAPI (Asociación Galega de Produtoras Independentes) comparecerá no Congreso dos Deputados durante a tramitación por urxencia da nova Lei do Cinema. Os produtores Dolores Ben Pena, Pancho Casal Vidal e Emma Lustres Gómez defenderán os intereses do audiovisual galego na cámara estatal o 5 de setembro na que será a segunda xornada de comparecencias de profesionais do sector. AGAPI é a única asociación rexional de produtores que foi invitada á comparecer no Congreso. A importancia desta comparecencia radica en que permitirá aos produtores galegos presentar de primeira man as súas solicitudes con respecto da futura Lei do Cinema, normativa que marcará as pautas para o desenvolvemento futuro da industria do cine en España.

DSK = Belén Montero + Juan Lesta

2007-08-10 10:09:08
Estiven en Galicia e lembreime de ti Este sábado 11 de agosto, a las 22:00h, se estrena en A Coruña, el espectáculo en videodirecto "Estiven en Galicia e lembreime de ti", dentro del evento arTec, The Party, que se celebra en los jardines anexos a la Fundación Luis Seoane.

Achegamos a convocatoria do ICEX para a inserción de publicidade na revista The Hollywood Reporter, nun “Territory Report” especial sobre España con motivo do American Film Market 2007.

2007-08-10 09:56:43
O ICEX financiará o 50% do custo da páxina completa de publicidade que cada empresa introduza na revista

VI FESTIVAL DE CINE INSTANTÁNEO

2007-07-26 13:12:38
CÓRDOBA A PARTIR DEL 15 DE SEPTIEMBRE PRÓXIMO EN EL MARCO DEL II FESTIVAL DE LA CREACIÓN JOVEN EUTOPIA 07

2008 SUNDANCE/NHK INTERNATIONAL FILMMAKERS AWARD

2007-07-26 10:45:14
Todo o material para a inscrición debe enviarse ao seguinte enderezo: Attn: Sundance/NHK Award c/o Alesia Weston Sundance Institute 8530 Wilshire Blvd, 3rd Floor Bervelly Hills, California 90211 USA A inscrición no Sundance /NHK International Filmmakers Award pódese facer vía internet en www.sundance.org/nhk/ onde tamén se pode descargar o modelo de carta de recomendación. Máis información en www.sundance.org/nhk/

Máis de 100 proxectos audiovisuais galegos conforman o catálogo AGAPI 2007

2007-07-24 13:50:25
Á presentación acudiron Dolores Ben Pena, Presidenta de AGAPI; Luís Bará Torres, Director Xeral de Creación e Difusión Cultural; María Elena Veiguela Martínez, Directora Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información; José Manuel García Iglesias, Director Adxunto de Acción Social Caixa Galicia; Manuel Aguilar López, Director de Obra Social Caixa Galicia, e numerosos produtores independentes galegos. Hoxe en día entre o 20% e o 30% do presuposto dunha película vai destinado á comercialización e o Catálogo AGAPI 07 facilita a promoción e a difusión da produción audiovisual independente de Galicia, salientou Dolores Ben. A presidenta tamén anunciou que AGAPI está a traballar nun convenio co Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e coas Sociedades de Garantía Recíproca (SGR) que mellorará as condicións dos empréstitos para o financiamento das producións galegas.

www.pobremundorico.org, O BLOG DO SIMPOSIO INTERNACIONAL SOBRE POBREZA E DESIGUALADE NO MUNDO

2007-07-24 13:41:21
O Club Internacional de Prensa ofrece esta nova ferramenta de participación social que xa está a disposición na rede

O CONSORCIO AUDIOVISUAL DE GALICIA CONVOCA, POR TERCEIRO ANO CONSECUTIVO, AXUDAS CO FIN DE IMPULSAR A COPRODUCIÓN DE LONGAMETRAXES CINEMATOGRÁFICAS, DENTRO DO MARCO DO ACORDO RAÍCES

2007-07-06 12:12:06
O 21 de xaneiro de 2005 asinouse o Acordo “Raíces” entre o Consorcio Audiovisual de Galicia (Consorcio), o Institut Català de les Indústries Culturals (ICIC) e o Instituto Nacional de Cine y Artes Audiovisuales (INCAA) de Arxentina, a través do que se creou un fondo económico destinado a financiar axudas a produtoras independentes de Galicia, Cataluña e Arxentina que coproduzan longametraxes cinematográficas.

Convocatorias do American Film Market (AFM) e do MIPCOM / MIPCOM JUNIOR 2007

2007-07-02 11:02:20
O American Film Market (AFM) terá lugar en Santa Mónica (EE.UU.) do 31 de outubro ao 7 de novembro de 2007, mentres que o MIPCOM / MIPCOM JUNIOR terán lugar na cidade de Cannes do 6 ao 12 de outubro. Para cualquier aclaración o ampliación de esta información dirigirse a: Lucía Turnes (Técnico Departamento Relaciones Internacionales) Tlf: 91 512 16 60 Consorcio Audiovisual de Galicia Rúa do Hórreo, nº 61 15702 - Santiago de Compostela Teléfono: 981545098 Fax: 981545847 Correo electrónico: info@consorcioaudiovisualdegalicia.org Web: http://www.consorcioaudiovisualdegalicia.org

A TVG pagará aos autores unha cantidade pola emisón da obra

2007-06-26 10:22:29
O programa Onda Curta busca curtametraxes para emitir. A duración non será superior a dez minutos