Obradoiro Paleta Gráfica Codeco de Curtocircuito 2010

A Semana Oficial do Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago de Compostela, organizado pola Concellaría de Cultura, dará comezo o 23 de maio. Como cada ano, o festival prepara actividades formativas entre as que destaca o obradoiro Paleta Gráfica Codeco, que dará comezo o luns 24 de maio e pretende que os participantes aprendan unha técnica clásica de animación dun xeito diferente.

A Semana Oficial do Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago de Compostela, organizado pola Concellaría de Cultura, dará comezo o 23 de maio. Como cada ano, o festival prepara actividades formativas entre as que destaca o obradoiro Paleta Gráfica Codeco, que dará comezo o luns 24 de maio e pretende que os participantes aprendan unha técnica clásica de animación dun xeito diferente. O obradoiro estará impartido por Juan Lesta e Belén Montero, encargados de introducir o alumnado nunha forma de animación baseade na técnica stop-motion. O sistema permitenos traballar os píxels coas nosas propias mans; isto axudanos a entender o funcionamento dun sistema dixital, á vez que nos achega ás técnicas máis clásicas da animación, máis fáciles de asimilar. O alumnado poderá pór en práctica os coñecementos acadados participando na produción e animación dunha curta que se exhibirá na Gala de Entrega de Premios que clausurará do Festival o sábado 29 de maio. O obradoiro impartirase na Facultade de Ciencias da Comunicación entre o 24 e o día 28 de maio e vai dirixido a un público vinculado ao sector audiovisual, tanto profesionais como alumnos da Facultade de Ciencias da Comunicación, institución colaboradora na organización do evento. Este obradoiro enmárcase dentro das actividades vinculadas a Curtocircuíto durante a súa Semana Oficial, do 23 ó 30 de maio. Estas actividades complétanse cunha retrospectiva de Eric Rohmer, unha escolma de curtas de cine fantástico e as mellores curtametraxes do país convidado, Cuba, entre outras moitas cousas. Todo sen esquecermonos da competición oficial, na que participan 123 curtas procedentes de países de todo o mundo.