I Ciclo de Cine Documental: unha ollada ao social galego da UDC.

A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña, en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística, organizan o I Ciclo de Cine Documental: unha ollada ao social galego. O ciclo desenvolverase ao longo deste mes de abril e contará coas proxeccións, entre outros, dos documentais Santa Liberdade, Astano: a forxa dun soño e Linguas cruzadas. Cada unha das proxeccións irá acompañada dunha charla-debate en que participará xente ligada á realización do documental.A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña, en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística, organizan o I Ciclo de Cine Documental: unha ollada ao social galego. O ciclo desenvolverase ao longo deste mes de abril e contará coas proxeccións, entre outros, dos documentais Santa Liberdade, Astano: a forxa dun soño e Linguas cruzadas. Cada unha das proxeccións irá acompañada dunha charla-debate en que participará xente ligada á realización do documental. A inscrición é gratuíta e só hai que enviar un correo electrónico cos datos persoais a socicoru at udc.es. Para aquel alumnado da UDC que asista cando menos ao 90% do ciclo está solicitado un crédito de libre elección e poderá participar no I Premio de Ensaio sobre Temática Social cuxas bases se han publicar proximamente.

A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña, en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística, organizan o I Ciclo de Cine Documental: unha ollada ao social galego. O ciclo desenvolverase ao longo deste mes de abril e contará coas proxeccións, entre outros, dos documentais Santa Liberdade, Astano: a forxa dun soño e Linguas cruzadas. Cada unha das proxeccións irá acompañada dunha charla-debate en que participará xente ligada á realización do documental. A inscrición é gratuíta e só hai que enviar un correo electrónico cos datos persoais a socicoru at udc.es. Para aquel alumnado da UDC que asista cando menos ao 90% do ciclo está solicitado un crédito de libre elección e poderá participar no I Premio de Ensaio sobre Temática Social cuxas bases se han publicar proximamente.