Os titulados en O Raio Verde poderán optar ás becas de formación Feuga

CPR O Raio Verde adheriuse ao novo Programa de Becas de Formación Profesional posto en marcha a través do convenio de colaboración asinado recentemente entre a Fundación Empresa-Universidade Gallega (FEUGA) e a Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

 

Deste xeito, os alumnos recén titulados no Ciclo Superior en Produción de Audiovisuais, Radio e Espectáculos da Escola de O Raio Verde poderán inscribirse neste programa de prácticas axeitadas ao seu perfil en empresas do sector.

 

Entre os requisitos necesarios para optar a estas becas, os titulados terán que estar inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia, ser menos de 30 anos e teren realizado os estudos de FP nos últimos tres anos.

 

A duración das becas será dun mínimo de dous meses e un máximo de doce meses, cunha asignación mínima de 500 euros brutos por cada mes (xornada completa) no que se desenvolva de xeito efectivo as prácticas.

 

Co fin de complementar a formación práctica, los beneficiarios destas prácticas formativas poderán realizar nos primeiros meses de beca, o Programa despega de Entrenamento Profesional e Desenvolvemento Persoal que consta de 53 horas de formación teórica ou lectiva on-line.

 

Toda a información sobre o programa de becas en: http://www.feuga.es/files/FEUGA2/doc/FEUGA.PBFP.2012.pdf