Cumio internacional de mulleres cineastas en Santiago de Compostela

A Asociación de Mulleres Cineastas e de Medios Audiovisuais (CIMA) celebrará os vindeiros días 5, 6 e 7 de maio en Santiago o II Encontro Internacional de CIMA "As mulleres do audiovisual europeo", que reunirá na capital compostelá a máis dun cento de mulleres deste ámbito profesional a nivel internacional co obxectivo de crear un foro de debate que dea voz e visibilidade á mulleres creadoras do cine e a televisión europea e organizar unha rede de mulleres do audiovisual a nivel europeo.

Cumio internacional de mulleres cineastas en Santiago de Compostela A Asociación de Mulleres Cineastas e de Medios Audiovisuais (CIMA) celebrará os vindeiros días 5, 6 e 7 de maio en Santiago o II Encontro Internacional de CIMA "As mulleres do audiovisual europeo", que reunirá na capital compostelá a máis dun cento de mulleres deste ámbito profesional a nivel internacional co obxectivo de crear un foro de debate que dea voz e visibilidade á mulleres creadoras do cine e a televisión europea e organizar unha rede de mulleres do audiovisual a nivel europeo. As máis de cen participantes de 12 países europeos asinarán a "Carta de Compostela" coas conclusións No Encontro, que se celebrará no CGAC, participarán como poñentes nas mesas redondas 44 profesionais de países como Italia, Romanía, Holanda, Alemaña, Gran Bretaña, Bulgaria, Francia, Finlandia, Bélxica, Eslovaquia, Suecia ou España, cunha ampla traxectoria no medio cinematográfico e televisivo. Entre elas destacan figuras como a directora, actriz e cantante francesa Agnès Jaoui, as directoras e guionistas Isabel Coixet, Chus Gutiérrez e Iciar Bollaín, as actrices Ana Galiena, Assumpta Serna, Leticia Dolera e María Bouzas así como produtoras, realizadoras, programadoras ou documentalistas de relevancia. No Encontro elaborarase un documento fundacional da rede de mulleres europeas do cine e a televisión, que levará por nome "Carta de Compostela" e que será publicado e remitido ás instancias da Administración con competencias no audiovisual co obxecto de ser tidas en conta nas políticas audiovisuais. O II Encontro, que será inaugurado o día 5 ás 10.00 horas polo presidente da Xunta, enmárcase dentro dos actos de celebración da presidencia española da UE deste primeiro semestre do ano