Rodaxe Curtametraxe no Pazo da Merced de Neda - Próximos Sábado e Domingo 14 e 15 de Xaneiro

Os próximos días 14 e 15 de Xaneiro rodarase no Pazo da Merced de Neda a que será a terceira curtametraxe do director ferrolán Carlos A. Quirós. Producido pola tamén ferrolá Cristina Esteiro, Pepe Santos e polo propio Quirós, "A vinganza é un sentimento curioso", que así se titulará a película; conta coa participación dos actores Xavier Estévez ("Retornos", "Celda 211", "Agallas", "Padre Casares", etc.) e Xosé Eirín (quen xa traballou en anteriores proxectos do realizador coma "Os Pioghosos") quen encabezan un elenco formado tamén polos actores ferroláns María Polo e Viriato Riveiro entre outros. O proxecto, que se estrenará no Teatro Jofre a mediados deste ano, conta con pequenas colaboracións do Concello de Ferrol e Narón, ademáis do patricionio de entidades privadas da comarca coma "Hiend Audio", "Nosolosillas", "Restaurante Coyote" ou o mesmo "Pazo da Merced" entre outras. O equipo técnico estará formado por diferentes profesionais da Comunidade coma Xoán Escudero (son), Pablo Kaufmann (imaxe) e Cristina Esteiro (caracterización e fx); entre os máis destacados.

 

 

 

 

 

 

 

A historia, escrita por Antón Gato e Carlos A. Quirós, dunha duración aproximada duns 6 minutos; é unha reflexión sobre a maneira en que algúns estamentos aplican as normas no día a día. Clemente (Xosé Eirín), visita ao seu amigo Ortega (Xavier Estévez) coa intención de buscar unha solución aos seus problemas pero nada parece que vaia a cambiar neste encontro.