25º edición CINEUROPA dende o 9 de novembro ata o 2 de decembro

Xa van vinte e cinco edicións con esta de 2011, e Cineuropa volve achegar máis de cen filmes a cinco salas distintas da cidade: Teatro Principal, Salón Teatro, Sede Fundación Nova Caixa Galicia-CSM, Auditorio de Galicia e CGAC. E con todas as vantaxes para o público: abonos para que a asistencia poida saír aínda máis económica e venda de entradas a través da web de Nova Galicia Banco.