O Festival Internacional de Cine Euroárabe Amal 2011

O Festival Internacional de Cine Euroárabe Amal 2011, organizado pola Fundación Araguaney-Ponte de Culturas, celébrase dende 24 ó 29 de Outubro de 2011 en Santiago de Compostela (España)

 

 

 

O director do festival, Ghaleb Jaber, expuxo ante os medios de comunicación o programa completo de actividades que se ofrecerán durante a semana de Amal. Un total de 26 películas, entre curtas e longas, que se proxectarán nas dúas sedes do Festival. A Galería Caroní, Rúa do Vilar 21, exhibirá proxeccións ás 12 do mediodía; mentras que no Teatro Principal exhibiranse ás 18,00, 20,00, 22,00 e 00,00 horas.

Tamén haberá un Ciclo de Cine Infantil, con 2 curtametraxes para nenos, e o Ciclo de Cine Experimental, iniciativa na que colaboran varios centros de arte contemporáneo de Galicia proxectando nas súas sedes 8 curtametraxes de cine euroárabe.

 

Ademais de películas, o Festival Amal ven cargado de actividades. Os amantes da gastronomía poderán desfrutar da mellor cocina árabe, grazas á Semana Gastronómica de Cocina Árabe que organiza o Restaurante Caney. Haberá tamén obradoiros de cociña, danza e caligrafía árabe.

 

Outra das formas de coñecer a fondo a cultura de Oriente Medio é a través de Amal Informa, unha iniciativa na que, a través de cadros con información sobre as culturas árabe e europea, a xente poderá coñecer máis detalles sobre ambas. Para coñecer máis información sobre o resto de actividades que trae o Festival Amal 2011, pode consultarse na web oficial :

 

FESTIVAL AMAL (http://www.festivalamal.es/)

 

Consulte o Programa do Festival : PROGRAMACIÓN

 

 

 

O RAIO VERDE

Rúa Angustia nº31 Baixo 15703 Santiago de Compostela

informacion@oraioverde.com

Tlf. 981 577 797