O éxito de público e crítica impulsan a promoción internacional de 18 comidas

Con máis de 320.000 euros de recadación bruta, 18 comidas , de Tic Tac Producciones , cumpre este venres12 semanas nos cines. Ademais, oFestival Internacional de Cine de Cartagena de Indias (Colombia) vén de seleccionala para competir na súa sección oficial, que se celebrará do 24 de febreiro ao 3 de marzo. O público galego pode vela en cines da Coruña e Vigo.

Con máis de 320.000 euros de recadación bruta, 18 comidas , de Tic Tac Producciones , cumpre este venres12 semanas nos cines. Ademais, oFestival Internacional de Cine de Cartagena de Indias (Colombia) vén de seleccionala para competir na súa sección oficial, que se celebrará do 24 de febreiro ao 3 de marzo. O público galego pode vela en cines da Coruña e Vigo.

O Festival de Cartagena de Indias acaba de anunciar a participación da película na súa Sección Oficial e así súmase a un listado no que xa figuran oFestival de Taormina (Italia), onde recolleu o galardón á Mellor Dirección, e oFestival de Cine Internacional de Ourense, onde recibiu o Premio do Público, o Premio Especial do Xurado e a Mención Especial para o elenco de actores. 

Ademais, a intérprete Esperanza Pedreño conta cunha candidatura como Mellor Actriz Secundaria ás Medallas do Círculo de Escritores Cinematográficos e Víctor Clavijo tamén foi seleccionado como Mellor Actor nos Premios ASECAN da Asociación de Escritores e Escritoras Cinematográficos de Andalucía.

Ademais dos festivais, tamén os críticos coincidiron a hora de destacar a calidade da película. Para Alfredo Conde, escritor e Premio Nadal e Nacional de Literatura, 18 comidas é unha gran obra cinematográfica porque conta cunguión espléndido, unha fotografía moi boa, unha extraordinaria dirección de actores e magníficas interpretacións individuais. Tamén Suso de Toro resaltou como Jorge Coira investiu en materia prima cun guión áxil e estupendos actores e actrices mellor dirixidos ca nunca.

Estes premios e críticas recoñecen o traballo levado a cabo polo equipo técnico e artístico que fixo unha arriscada aposta pola improvisación. O director Jorge Coira traballou ao longo de intensas xornadas cun equipo de actores extraordinarios que botaron man de todos os seus recursos para construír seis historias cheas de emoción.

O reparto está formado por Luís Tosar, Fede Pérez, Víctor Fábregas, Esperanza Pedreño, Pedro Alonso, Nuncy Valcárcel, Camila Bossa, Juan Carlos Vellido, Xosé Barato, Cristina Brondo, Milan Tocinovski, Sergio Peris - Mencheta, Víctor Clavijo, María Vázquez, Ricardo de Barreiro, Xosé Manuel Olveira "Pico" e Antonio Mourelos.

18 comidas é unha película de Tic Tac Producciones e Zircozine que conta coa participación de Televisión de Galicia. Enteiramente rodada en escenarios naturais de Santiago de Compostela, Rábade e A Coruña, o título viaxa a través de dezaoito comidas, entre almorzos, xantares e ceas, que nos fan partícipes dalgúns deses momentos que poden cambiar unha vida

18 comidas conta co apoio da Axencia Audiovisual Galega, o Consorcio Audiovisual de Galicia e o patrocinio de Xacobeo 2010.

Fonte: www.agapi.org