Formación complementaria en Arteria Noroeste

Arteria Noroeste ofrece durante o mes de outubro un interesante catálogo de cursos para todos aqueles que queiran ampliar coñecementos no sector artístico.

CURSO DE PRO TOOLS 8: 8,9, 15 e 16 de outubro. De 16 a 21 horas.

Este curso plantea un achegamento a Pro Tools no que se tratan tódolos coñecementos necesarios para abordar traballos de composición e secuenciación, grabación, edición e mestura de audio con autonomía suficiente.

Edición e grabación de audio: se estudian a configuración de sistemas LE, MP e HD, estructura de ventanas e comandos, ferramentas principais e axustes de sesión. A partir de ahí, se centrará nas funcións de grabación, edición e mestura de audio principais que esta ferramenta ofrece.

CURSO DE PRODUCIÓN MUSICAL: Do 22, 23, 29 e 30 de outubro. De 16 a 21 horas

O obxectivo deste obradoiro é proporcionalos coñecementos suficientes para que o propio músico poda afrontar con solvencia a tarea dun tema musical, calqueira que sexa o seu estilo ou estructura. Daránse as claves dos distintos procesos inherentes á mestura (volume, ecualización e dinámica, uso de reverberación e delays, grupos, etcétera.), que o alumno aplicará sobre un tema propio que traerá en pistas separadas para o seu tratamento durante as clases.

CURSO DE VÍDEO DIGITAL: Do 25 ó 28 de outubro. De 17 a 21 horas.

Este curso foi deseñado para aportar unha serie de coñecementos básicos sobre o vídeo dixital e sistemas de edición, pilares básicos que, debido a súa especialización, son difíciles de adquirir e aclararnos cómo enfrentarnos ós fluxos de edición, repasando tanto os fundamentos do vídeo, formatos, e codecs, como conexiones de sistemas, hardware, conceptos de edición, etcétera. Todo isto realizado de maneira más interactiva posible co alumno.

CURSO DE PRODUCIÓN DE EVENTOS: Do 25 ó 29 de outubro. De 17 a 21 horas.

Con este curso tratamos de impartir unhas pautas de practicidade e eficacia na produción de eventos. Para elo deseñaremos previamente entre todos qué clase de evento queremos levar a cabo, e desenvolveremos nesta semana a produción hipotética do evento. O situaremos nun espacio real e se é posible faremos algunhas visitas a este espacio para o deseño, ubicación e desenvolvemento de elementos e infraestructuras.

Máis información dos cursos:

Gala Nieves - Arteria Noroeste. Email: gnieves@sgae.es