Se pode ler este texto significa que o seu navegador non soporta follas de estilo CSS, non obstante está a visualizar o total de contidos do sitio.
O Raio Verde
Escola de Produción de Audiovisuais, Radio e Espectáculos.
Único centro autorizado en Santiago de Compostela para impartir ensinanzas da familia profesional de COMUNICACIÓN, IMAXE E SON. DOG 208/26/10/01 Nº 150032236
PROGRAMA DE CURSO DE FORMACIÓN PROFESIONAL OCUPACIONAL
TÉCNICO DE SON
[DATOS XERAIS DO CURSO] [DATOS ESPECÍFICOS DO CURSO]
1. FAMILIA
PROFESIONAL: INFORMACIÓN E MANIFESTACIÓNS
ARTÍSTICAS
ÁREA
PROFESIONAL: IMAXE E SON
2.
DENOMINACIÓN DO CURSO: TÉCNICO DE SON
3. CÓDIGO: IMIS40
4.
TIPO: OCUPACIÓN
5. OBXECTIVO
XERAL
Realizar a sonorización, o rexistro, a difusión, a dobraxe e a
posprodución do son, utilizando correctamente as técnicas necesarias, a
partir das instrucións do encargado técnico e adaptándose ao medio en
que se desenvolve a actividade, ben sexan producións radiofónicas,
audiovisuais ou musicais.
6. REQUISITOS DO
PROFESORADO:
6.1. Nivel académico
Titulación universitaria, preferentemente Enxeñaría Técnica en Imaxe e son, Técnico Superior en Audiovisuais ou, no seu defecto, capacitación
profesional equivalente na ocupación relacionada co
curso.
6.2. Experiencia profesional
Deberá ter tres anos de experiencia na ocupación.
6.3.
Nivel pedagóxico
Formación metodolóxica ou experiencia docente.
7.
REQUISITOS DE ACCESO DO ALUMNO:
7.1. Nivel académico ou de coñecementos xerais
7.2. Nivel profesional ou
técnico
Non se precisa experiencia profesional previa nin coñecementos técnicos
específicos.
7.3. Condicións físicas
Ningunha en especial, menos aquelas que impidan o normal desenvolvemento da
profesión.
8. NÚMERO DE ALUMNOS:
9. RELACIÓN SECUENCIAL DE MÓDULOS
FORMATIVOS:
- Introdución aos medios audiovisuais.
- Principios do son.
- Captación, tratamento e gravación do son.
- Son en radiodifusión.
- Son en producións audiovisuais.
- Son en producións discográficas.
- Sonorización.
- Posprodución do son.
- Seguridade e hixiene en producións audiovisuais e
espectáculos.
10. DURACIÓN:
Prácticas 350
Coñecementos profesionais 195
Contidos
relacionados coa profesionalidade 60
Avaliacións 30
Total 635
horas
A suma total do curso non se corresponde coa suma total de
módulos por haber Coñecementos comúns a diferentes módulos.
11. INSTALACIÓNS:
11.1. Aula de clases teóricas
- Superficie: a aula deberá ter unha superficie mínima de 30 m2 para
grupos de 15 alumnos (2 m2 por alumno).
- Mobiliario: a aula estará equipada con mobiliario docente para 15
prazas, ademais dos elementos auxiliares
necesarios.
11.2. Instalacións para prácticas
- Superficie: 70 m2.
- Iluminación: artificial.
- Condicións ambientais: temperatura e atmosfera normal.
- Ventilación: acondicionada.
- Mobiliario: unha superficie de mesas de 10 x 1 m., construída con varias
mesas.
O acondicionamento eléctrico deberá cumprir as normas
de baixa tensión e estar preparado de forma que permita a realización das
prácticas.
11.3. Outras instalacións:
Como instalacións de apoio deberase dispor das seguintes:
- Un espazo mínimo de 50 m2 para despachos de dirección, sala de
profesores e actividades de coordinación.
- Unha secretaría.
- Aseos e servizos hixiénicosanitarios en número axeitado á
capacidade do centro.
Os centros deberán reunir as
condicións hixiénicas, acústicas, de habitabilidade e de seguridade esixidas
pola lexislación vixente e dispor de licencia municipal de apertura como
centro de formación.
12. EQUIPO E MATERIAL:
12.1. Equipo e maquinaria
- Unha consola de mesturas de configuración mínima 16:4:2.
- Un mesturador portátil.
- Catro micrófonos dinámicos e 4 de condensador.
- Unha xirafa.
- Unha percha.
- Procesadores de efectos.
- Ecualizadores paramétricos e gráficos.
- Gravadores multipistas analóxicos e dixitais.
- Un DAT.
- Un reprodutor de CD.
- Unha estació de traballo.
- Un sincronizador.
- Un magnetoscopio.
- Un xerador de sincronismos.
- Un xerador de código de tempo.
- Amplificadores.
- Caixas acústicas e cuñas de monitorización.
- Auriculares.
12.2. Ferramentas
- Sonómetro.
- Osciloscopio.
- Xerador de ruído «rosa».
- Analizador de espectro.
12.3. Material de
consumo
- Tesoiras e cúter.
- Mangas de conexión.
- Cables de conexión.
- Adaptadores de conexión.
- Alcohol isopropílico.
- Cinta de empalme.
12.4. Material didáctico
Aos alumnos proporcionaráselles os medios didácticos e o material
escolar, imprescindibles, para o desenvolvemento do curso.
12.5.
Elementos de protección
No desenvolvemento das prácticas utilizaranse os medios necesarios de
seguridade e hixiene no traballo e observaranse as normas legais ao
respecto.
13. INCLUSIÓN DE NOVAS
TECNOLOXÍAS:
As novas tecnoloxías deberán estar presentes no desenvolvemento dos
módulos; non obstante, incidirase especialmente nos temas:
- Sistemas dixitais de gravación.
- Edición de son por ordenador.
14. DENOMINACIÓN DO
MÓDULO:
INTRODUCIÓN AOS MEDIOS AUDIOVISUAIS
15. OBXECTIVO
DO MÓDULO:
Coñecer o contorno operativo e identificar os compoñentes fundamentais
dos equipos de vídeo, televisión e cine.
16. DURACIÓN
DO MÓDULO:
17. CONTIDOS FORMATIVOS DO
MÓDULO:
A) Prácticas
- A partir da observación do funcionamento dun plató de televisión
onde se realiza unha produción determinada, realizar unha listaxe de:
- Características xerais da produción de televisión.
- Recursos técnicos empregados.
- Funcións e características dos profesionais.
- A partir da observación dunha rodaxe cinematográfica, realizar unha
listaxe de:
- Características xerais da rodaxe cinematográfica.
- Recursos técnicos empregados.
- Funcións e características dos profesionais.
- Características da gravación en
exteriores.
B) Contidos teóricos
- Características xerais dos medios audiovisuais:
- Orixe e evolución dos medios audiovisuais.
- Situación actual do medio televisivo.
- Situación actual do medio cinematográfico.
- Tipos de produtos audiovisuais.
- Produción Audiovisual:
- Estrutura funcional dunha rodaxe: roles, xerarquías e relacións
laborais.
- Estrutura funcional dun programa de televisión: roles, xerarquías e
relacións laborais.
- Proceso de produción dunha rodaxe.
- Procesos de produción dun programa de televisión.
- Introdución á Realización Audiovisual:
- Orixe e evolución do cine.
- A linguaxe audiovisual.
- Documentos técnicos de traballo: o guión técnico, o plan de traballo,
o parte de cámara, a escada de gravación.
- A montaxe de imaxe e son.
- Equipamento Audiovisual:
- Tipos de cámaras e accesorios.
- Soportes e material de rexistro de imaxe e son.
- Equipos técnicos dun centro de produción e emisión de
televisión.
- Unidades móbiles.
- Equipos de montaxe.
C) Contidos
relacionados coa profesionalidade
- Capacidade de adaptación á evolución das novas tecnoloxías.
- Capacidade de comunicación para comprender e expresar criterios e
necesidades.
- Rigor no estudo da documentación técnica e das
localizacións.
14. DENOMINACIÓN DO
MÓDULO:
15. OBXECTIVO DO
MÓDULO:
Coñecer os principios e a fisioloxía do son.
16.
DURACIÓN DO MÓDULO:
17. CONTIDOS FORMATIVOS DO
MÓDULO:
A) Prácticas
- A partir da visualización de determinados sinais periódicos de tipo
senoidal, cadrado, triangular e de rampla nun osciloscopio:
- Anotar os valores correspondentes ao nivel, frecuencia e período de
cada unha.
- Indicar o desfase entre dous ou más sinais concretos.
- Realizar a medida do nivel de presión sonora en determinados ambientes
(aula, patio, auditorio) mediante un sonómetro, aplicando os distintos
tipos de filtros dispoñibles e comparando o seu valor.
- A partir da lectura dos valores de instrumentos (vúmetros e
picómetros) sobre distintas formas de sinal periódico, explicar as
consecuencias técnicas destes valores.
- A partir da lectura nun osciloscopio do sinal de audio nos
procesos anterior e posterior dun balanceado e desbalanceado, explicar as
consecuencias técnicas que se deriven.
B) Contidos
teóricos
- Conceptos básicos de son:
- Oído humano.
- Ondas.
- Parámetros subxectivos do son. Intelixibilidade.
- Frecuencia.
- Lonxitude de onda.
- Timbre.
- Fase.
- Propagación.
- Medida do son:
- Nivel: presión sonora (SPL), dB, dBU, dBm (norma EBU).
- Dinámica.
- Distorsión (Harmónica, Intermodulación).
- Curvas isofónicas.
- Sonómetros.
- Vúmetros, picómetros, fasímetros.
- Sonómetros e filtros (A, B, C, D).
- Liñas de transmisión. Impedancia.
- Liñas balanceadas.
C) Contidos relacionados coa
profesionalidade
- Adaptación aos novos medios de tratamento e rexistro de son.
- Capacidade de resposta a continxencias e
imprevistos.
14. DENOMINACIÓN DO
MÓDULO:
CAPTACIÓN, TRATAMENTO E GRAVACIÓN DO SON
15.
OBXECTIVO DO MÓDULO:
Realizar a preparación e operación dos equipos de toma e rexistro de
son en soportes analóxicos e dixitais.
16. DURACIÓN DO
MÓDULO:
17. CONTIDOS FORMATIVOS DO
MÓDULO:
A) Prácticas
- A partir da definición dunhas necesidades de gravación sonora:
- Elixir o tipo de micrófono.
- Elixir os accesorios (xirafa, percha, pé de micro, sobremesa,
paraventos).
- Elixir o resto de equipamento técnico.
- Trazar o esquema de montaxe.
- Montar as liñas de micrófonos.
- Axustar a cadea de gravación.
- Realizar a gravación.
B) Contidos
teóricos
Sensibilidade
Resposta en
frecuencia
Directividade
Nivel de ruído
Impedancia
Distorsión
Inalámbricos
Elección
- Redutores de ruído.
- Ecualizadores gráficos e paramétricos.
- Procesadores de son.
- O mesturador de audio:
- Tipos.
- Características.
- Disposicións de módulos. Configuracións.
- Seccións de módulos: entrada, auxiliares, filtros/ecualización,
asignación, panorama, fader.
- Subgrupos. Copia mestra. Monitorización.
- Técnicas de mestura.
- A gravación e reprodución magnética:
- Principios básicos.
- Histérese.
- Polarización (bias).
- Soportes magnéticos. Características.
- Diafonía.
- Relación sinal/ruído.
- Sistemas mecánicos: choro e flutuación.
- Equipos: analóxicos e dixitais.
- Equipos dixitais de gravación.
- O código de tempos.
C) Contidos relacionados coa
profesionalidade
- Capacidade de análise para determinar necesidades técnicas.
- Capacidade para organizar, de forma autónoma, os procesos secuenciais
do traballo.
- Precisión no tratamento do sinal acústico.
- Adaptación aos novos medios de tratamento e rexistro de son.
- Atención concentrada e distribuída.
- Capacidade de resposta a continxencias e
imprevistos.
14. DENOMINACIÓN DO
MÓDULO:
15. OBXECTIVO DO
MÓDULO:
Realizar a configuración e operación dos equipos de son nunha
emisora de radiodifusión.
16. DURACIÓN DO
MÓDULO:
17. CONTIDOS FORMATIVOS DO
MÓDULO:
A) Prácticas
- A partir da visita a un estudio radiofónico:
- Nomear os equipos técnicos que interveñen nunha produción
radiofónica.
- Detallar o proceso de elaboración dun programa en estudio
especificando os profesionais que interveñen e as súas funcións.
- Realizar un diagrama de bloques do proceso que segue o sinal desde
a súa orixe ata o receptor.
- Nun suposto práctico e a partir dun guión radiofónico e duns
equipos determinados:
- Elaborar o guión técnico.
- Determinar a situación das diversas fontes sonoras.
- Realizar o deseño da distribución e conexionado dos equipos
para a súa mestura.
- Realizar a gravación sonora.
- Realizar a montaxe sonora con indicativos, sintonías e
efectos.
- Nun suposto práctico dunha entrevista nun estudio radiofónico en
directo:
- Dar as entradas ao condutor do programa.
- Controlar a calidade de son.
- Inserir gravacións a partir das indicacións do director.
- Dar entrada a chamadas telefónicas.
B)
Contidos teóricos
- Características específicas do medio radiofónico.
- A linguaxe radiofónica. Tipos de programas.
- O guión literario e o guión técnico. Escadas e sinopse.
- Realización en directo e en diferido.
- A ambientación sonora. Música e efectos sonoros. Caretas. Indicativos.
Sintonías.
- A realización radiofónica. Estrutura funcional e xerárquica.
- Equipamento e tecnoloxía no medio radiofónico:
- Micrófonos.
- Mesturadores de consola e portátiles.
- Equipos de compresión e efectos.
- Soportes de gravación analóxicos e dixitais.
- Cartucheiras e librería dixital.
- Reprodutores.
- Panel de conexionado e matrices de conmutación.
- Equipos de transmisión en conexións externas.
- Etapas amplificadoras.
- Caixas acústicas.
- Auriculares.
- O son nas retransmisións: enlaces propios, unilaterais, liñas
telefónicas, liñas microfónicas.
- A edición sonora.
- Esquemas técnicos e simboloxía.
- Planificación de recursos técnicos en radio.
C)
Contidos relacionados coa profesionalidade
- Capacidade de análise para determinar necesidades técnicas.
- Capacidade para organizar, de forma autónoma, os procesos secuenciais
do traballo.
- Precisión no tratamento do sinal acústico.
- Adaptación aos novos medios de tratamento e rexistro de son.
- Atención concentrada e distribuída.
- Capacidade de resposta a continxencias e
imprevistos.
14. DENOMINACIÓN DO
MÓDULO:
SON EN PRODUCIÓNS AUDIOVISUAIS
15. OBXECTIVO DO
MÓDULO:
Realizar a configuración e operación dos equipos de son nunha
produción audiovisual.
16. DURACIÓN DO MÓDULO:
17. CONTIDOS FORMATIVOS DO
MÓDULO:
A) Prácticas
- A partir da visita a uns estudios de televisión:
- Nomear os equipos técnicos que interve˜en na gravación dun
programa realizado no plató.
- Detallar o proceso de elaboración dun programa en estudio
especificando os profesionais que interveñen e as súas funcións.
- Realizar un diagrama de bloques do proceso que segue o sinal desde
a súa orixe ata o receptor.
- Nun suposto práctico e a partir do guión, escada de gravación ou
folla de cámara e da definición das principais características dunha
produción audiovisual (xénero, limitacións orzamentarias, posibilidades
técnicas):
- Elaborar o guión técnico.
- Elixir os equipos de son necesarios.
- Realizar o deseño da distribución e conexionado dos equipos
para a súa gravación ou emisión.
- Realizar a gravación do son.
- Realizar un fondo sonoro sobre unhas imaxes dadas que inclúa pezas
musicais, efectos sonoros e locucións en off.
B)
Contidos teóricos
- Estudo do medio audiovisual: cine, vídeo, televisión. Evolución
histórica.
- O medio cinematográfico:
- Linguaxe.
- Estrutura funcional e xerárquica.
- O medio televisivo:
- Linguaxe.
- Estrutura funcional e xerárquica.
- O guión literario e o guión técnico. Escadas, follas de gravación e
planificación técnica.
- A gravación do son en directo e en diferido.
- O código de tempos. Sincronización. Imaxe e son.
- A ambientación sonora:
- Música e efectos sonoros.
- Caretas.
- Indicativos.
- Sintonías.
- Equipamento e tecnoloxía en medios audiovisuais:
- Micrófonos.
- Mesturadores.
- Equipos de compresión e efectos.
- Soportes de gravación analóxicos, dixitais, ópticos e magnéticos.
- Cartucheiras e librería dixital.
- Reprodutores.
- Panel de conexionado e matrices de conmutación.
- Etapas amplificadoras.
- Caixas acústicas.
- Auriculares.
- Magnetoscopios.
- Introdución á edición sonora.
- Esquemas técnicos e simboloxía. Planificación operativa.
- O son asociado á imaxe.
- Xéneros televisivos.
- Enlaces. Retardo de son.
- O son dual e estéreo. Os sistemas Nicam e Zweiton.
- Unidades de comentarista.
- Sistema híbrido telefónico.
C) Contidos relacionados
coa profesionalidade
- Capacidade de análise para determinar necesidades técnicas.
- Capacidade para organizar, de forma autónoma, os procesos secuenciais
do traballo.
- Precisión no tratamento do sinal acústico.
- Adaptación aos novos medios de tratamento e rexistro de son.
- Atención concentrada e distribuída.
- Capacidade de resposta a continxencias e
imprevistos.
14. DENOMINACIÓN DO
MÓDULO:
SON EN PRODUCIÓNS DISCOGRÁFICAS
15. OBXECTIVO DO
MÓDULO:
Realizar a configuración e operación dos equipos de son nunha
produción discográfica.
16. DURACIÓN DO
MÓDULO:
17. CONTIDOS FORMATIVOS DO
MÓDULO:
A) Prácticas
- A partir da visita a uns estudios discográficos:
- Nomear os equipos técnicos que interveñen na gravación de
disco.
- Detallar o proceso de elaboración dun disco especificando os
profesionais que interveñen e as súas funcións.
- Nun suposto práctico, realizar o proceso de tratamento do son
dunha produción discográfica para unha peza musical:
- Describir as caraterísticas técnicas da gravación.
- Seleccionar o equipo técnico.
- Realizar o esquema de montaxe.
- Realizar o conexionado.
- Axustar os equipos.
- Realizar a gravación.
- Identificar os soportes do material sonoro
xerado.
B) Contidos teóricos
- O proceso de produción discográfica:
- Gravación.
- Posprodución: mesturas e tratamento.
- O DAT.
- A copia mestra.
- Edición e impresión.
- Características da produción discográfica.
- A gravación e reprodución magnética:
- Principios básicos.
- Histérese.
- Polarización (bias).
- Soportes magnéticos. Características.
- Diafonía.
- Relación sinal/ruído.
- Sistemas mecánicos: choro e flutuación.
- Equipos: analóxicos e dixitais.
- Equipos dixitais de gravación.
C) Contidos
relacionados coa profesionalidade
- Capacidade de análise para determinar necesidades técnicas.
- Precisión no tratamento do sinal acústico.
- Adaptación aos novos medios de tratamento e rexistro de son.
- Atención concentrada e distribuída.
- Capacidade de resposta a continxencias e
imprevistos.
14. DENOMINACIÓN DO
MÓDULO:
15. OBXECTIVO DO MÓDULO:
Realizar os procesos de instalación e operación de equipos de
sonorización.
16. DURACIÓN DO MÓDULO:
17. CONTIDOS FORMATIVOS DO
MÓDULO:
A) Prácticas
- Nun espazo dado, efectuar as operacións previas á sonorización
do mesmo:
- Calcular o tempo de reverberación.
- Ecualizar.
- Calcular a potencia acústica mínima estimada.
- Prever a disposición das pantallas acústicas.
- A partir dun suposto no que se defina o número, o tipo e a
situación das fontes sonoras (voz e instrumentos) e as características
básicas do espazo que se vai sonorizar, realizar un esquema que contemple:
- Número e tipo de micrófonos.
- Posición dos micrófonos e das caixas acústicas.
- Configuración mínima de canais e envíos do mesturador.
- Disposición xeral do cablaxe.
- A partir dunha cinta multipista con varios canais de voces e pezas
musicais, realizar unha mestura de audio seguindo as indicacións marcadas
nunha ficha técnica na que se especifique o obxectivo da
mestura.
B) Contidos teóricos
- Acústica de locais:
- Conceptos de absorción, illamento e resonancia.
- Transmisión do son.
- Reverberación: sinal directo, reflexión, eco, reverberación.
- Nocións de campo sonoro.
- O amplificador. Etapas de potencia.
- Altofalantes, caixas acústicas e cuñas de monitorización. Potencia acústica
e resposta en frecuencia.
- Mesturadores de sonorización e monitorización.
- Ecualización. Xeradores de ruído «rosa».
- Normativa de instalacións eléctricas de baixa tensión.
- Planificación técnica de recursos.
C) Contidos
relacionados coa profesionalidade
- Capacidade de análise para determinar necesidades técnicas.
- Capacidade para organizar, de forma autónoma, os procesos secuenciais
do traballo.
- Precisión no tratamento do sinal acústico.
- Adaptación aos novos medios de tratamento e rexistro de son.
- Capacidade de resposta a continxencias e imprevistos.
- Orde e criterio no almacenamento do equipo.
14. DENOMINACIÓN DO MÓDULO:
15. OBXECTIVO DO
MÓDULO:
Aplicar as técnicas de mestura, sincronización e montaxe de secuencias
sonoras en producións musicais, audiovisuais e radiofónicas, empregando
soportes magnéticos ou informáticos.
16. DURACIÓN DO
MÓDULO:
17. CONTIDOS FORMATIVOS DO
MÓDULO:
A) Prácticas
- Nun suposto práctico, e a partir dun material gravado, dun guión
técnico de gravación e da definición duns obxectivos de edición sonora
determinados:
- Elaborar o guión de montaxe sonoro.
- Definir as caraterísticas do material gravado a partir dunha
audición previa.
- Seleccionar os equipos.
- Asignar canais de mestura.
- Realizar probas de edición.
- Describir a calidade das mesturas.
- Efectuar a edición sonora.
- Identificar os soportes da mestura final.
- A partir das imaxes contidas nunha cinta determinada e das
bandas sonoras contidas nun multipista, realizar a gravación da
mestura final en soporte vídeo.
- A partir dunhas imaxes documentais con fondo musical, inserir voces
en off seguindo un guión escrito.
B) Contidos
teóricos
- Equipos e sistemas de edición sonora:
- Formatos e soportes.
- Equipos de sincronización.
- Multipistas: carrete aberto e soporte compacto.
- Efectos: filtros, procesadores dinámicos, eco e reverberación,
compresores, variacións de velocidade.
- O código de tempos SMPTE/EBU.
- Equipos de reprodución sen fin.
- Equipos de audio dixital: PCM, DAT, CD, multipistas dixitais.
- A edición con equipos informáticos.
- O sistema MIDI.
- O son e a imaxe dinámica.
- Posprodución en televisión e cine.
- A montaxe sonora:
- Sistemas de edición off-line.
- Dobraxe. Gravación de voces en off.
- Banda internacional.
- Efectos de sala.
- Introdución á montaxe musical.
- A sincronización labial.
C) Contidos
relacionados coa profesionalidade
- Capacidade de análise para determinar necesidades técnicas.
- Capacidade para organizar, de forma autónoma, os procesos secuenciais
do traballo.
- Precisión no tratamento do sinal acústico.
- Adaptación aos novos medios de tratamento e rexistro de son.
- Capacidade de resposta a continxencias e imprevistos.
- Pulcritude.
14. DENOMINACIÓN DO
MÓDULO:
SEGURIDADE E HIXIENE EN PRODUCIÓns AUDIOVISUAIS E
ESPECTÁCULOS
15. OBXECTIVO DO MÓDULO:
Aplicar as normas de seguridade e hixiene no traballo en producións
audiovisuais e espectáculos para garantir o seu cumprimento e previr
posibles accidentes e sinistros.
16. DURACIÓN DO
MÓDULO:
17. CONTIDOS FORMATIVOS DO
MÓDULO:
A) Prácticas
- A partir dun suposto en determinado no que se especifiquen as
características xerais dun espazo no que se ha de realizar un
espectáculo:
- Determinar os principais factores humanos e medioambientais
causantes de accidentes e os medios para previlos.
- Explicar os aspectos relativos á regulamentación vixente e á
normativa de seguridade de baixa tensión que afectan á instalación.
- Determinar os equipos de seguridade e protección que se van utilizar.
- Describir métodos de prevención de incendios e as actuacións que se van
realizar en caso de producirse.
- Detectar os lugares de actividade de maior potencial de
risco.
- Realizar de modo simulado a execución material de técnicas sanitarias
básicas de primeiros auxilios.
- A partir da observación dunha rodaxe:
- Elaborar unha relación de posibles melloras adicionais en relación aos
factores de seguridade.
- Detectar os erros relativos a seguridade e
hixiene.
B) Contidos teóricos
- Normativa laboral de seguridade e hixiene no traballo.
- Riscos:
- Concepto de risco.
- Factores de risco.
- Medidas de prevención e protección.
- Equipamento de seguridade.
- Sinistros:
- Tipos e causas.
- Sistemas de detección e alarma.
- Evacuacións.
- Métodos de prevención e actuación en casos de incendio.
- Causas.
- Propagación.
- Prevención.
- Sistemas de extinción de incendios:
- Métodos.
- Medios.
- Axentes: auga, escuma, po, etc.
- Materiais: móbiles e fillos.
- Equipamento de loita contra incendios.
- Lexislación sobre a protección contra incendios.
- Primeiros auxilios.
- Seguridade eléctrica:
- Regulamentación vixente e normas de seguridade de baixa tensión.
- Seguridade nas conexións e enganches.
- Traballos en condicións de humidade.
- Seguridade cos HMI.
- Equipamento eléctrico: riscos e regras xerais de seguridade na súa
utilización.
- Condutividade.
- Electrocutacións e o seu tratamento.
- Tratamento e métodos de reanimación.
- Hixiene:
- Concepto de hixiene.
- Zonas de risco.
- Obxectivos de hixiene e calidade de ambiente.
- Parámetros de influencia nas condicións hixiénicosanitarias:
- Persoas.
- Instalacións.
- Concepción e ordenación.
- Estruturas exteriores:
- Funcións dos locais.
- Sistemas eléctricos, de agua e de ventilación.
- Hixiene persoal: coidado e protección.
- Hixiene no transporte e a circulación:
- Riscos de contaminación de produtos e materiais durante o
transporte.
- Organización de circuítos de diferentes tipos de produtos e
materiais.
- Fenómenos de degradación:
- Degradación de tipo físico e químico.
- Medidas de prevención da contaminación e degradacións.
- Medio ambiente laboral:
- Ventilación.
- Climatización.
- Iluminación.
- Acústica.
- Seguridade.
C) Contidos relacionados coa
profesionalidade
- Valoración da saúde e a seguridade como elementos esenciais da
calidade de vida laboral.
- Percepción e valoración axustada dos factores de risco.
- Sensibilidade pola orde e limpeza do lugar de traballo.
- Utilización respectuosa e responsable de instalacións, equipos e
materiais de acordo ás instrucións e criterios de economía, eficacia
e seguridade establecidos.
- Rexeitamento a actitudes irresponsables e perigosas na conduta
laboral.
- Valoración da calidade ambiental e aspectos ergonómicos como elementos
do ámbito da seguridade e hixiene.
- Correcta utilización dos equipos previstos para a seguridade e
hixiene no traballo.
- Aplicación de medidas de autoprotección e hixiene persoal para previr
posibles accidentes e sinistros.